PRESENTACIÓN PROFESIONAL
Boas!
Son Olalla, gradueime en traballo social na USC no 2014 e ao ano seguinte estudei o máster en intervención con menores en conflicto social.
Dende fai catro exerzo a miña profesión en COGAMI atendendo e promocionando a autonomía persoal das persoas con discapacidade, inclusive no ámbito afectivo-sexual a través do servizo Dedaleira, no cal traballei durante un par de anos, así como proporcionándolle a ditas persoas e as súas familias todo tipo de información e asesoramento, deseñando e realizando diversas accións formativas de carácter psicosocial e apoiándoas na consecución das súas metas persoais a través da atención integral centrada na persoa.
Podo dicir que a miña profesión me apasiona e que resulta moi gratificante observar os logros e obxectivos conseguidos das persoas coas que traballo. É por iso que me decidín a realizar este ano o posgrao no que todas estamos a participar, coa finalidade de poder seguir apoiando ás persoas na consecución dos seus logros de maneira directa.
![]() |
| Esta son eu, en calquera festa escoitando música. |
Facendo referencia á música, e tendo en conta a cidade na que nacín e estudei, déixovos un vídeo dun gran cantautor que pouco a pouco está a facerse un oco no ámbito nacional e que describe á perfección Compostela e á vez me recorda a cada unha das etapas da miña vida: "Santiago".
Para finalizar, adxunto o enlace a un libro co que puiden seguir obtendo coñecementos acerca do feminismo e que aconsello a toda aquela persoa que estea interesada na temática que o lea: Feminismo para principiantes
Un saudiño e encantada de coñecervos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario