Intelixencia Emocional e Orientación Laboral
A importancia das competencias persoais na orientación laboral
Que factores afectan á consecución dun emprego ademais das competencias técnicas? En ocasións, atopámonos con persoas que se atopan nun proceso de procura de emprego e, aínda que conseguen ir a entrevistas e contan coas competencias técnicas axeitadas, non conseguen acabar asinando un contrato. Ao longo do artigo analizaremos os diferentes factores que afectan ao proceso de orientación laboral.
A nosa actual realidade socioeconómica é de natureza cambiante, dinámica, fluida, aspectos que resultan novedosos para a xeración anterior, caracterizada pola estaticidade, a seguridade e a inmovilidade.
Estas novas características do noso mundo constitúen un importante reto ao que facer fronte a nivel individual e psicolóxico, pois as persoas teñen que adaptarse a algo que non pode ser definido por outra cousa que polo cambio.
A habilidade de adaptarse a esta vida líquida, é agora a chave para conseguir o éxito.
Dende a orientación laboral debemos estar atentos e atentas a esta realidade cambiante para entender a situación global das persoas que están en proceso de procura de emprego.
Orientación laboral: primeiros pasos
Cando alguén se atopa en desemprego, ten á súa disposición o servizo de Orientación Laboral. Ao acceder a el, comézase cunha primeira entrevista onde é importante recoller toda a información que nos ofrece a persoa. Esta información adoita ser do ámbito formativo e profesional:
📖 No ámbito formativo: títulos acadados, centros de formación, cursos, seminarios, etc.
🔧 No ámbito profesional: experiencia laboral, prácticas en empresas, carnés, certificados de profesionalidade, etc.
A relación de todos estes logros e experiencias, debería ser suficiente para atopar un emprego pero... é así?
No día a día da praxis da orientación laboral, atopámonos con que hai persoas que consiguen asinar un novo contrato de traballo nas primeiras entrevistas en empresas e outras que, co mesmo perfil formativo e profesional (mesmos títulos, experiencia...), pasan entrevista tras entrevista sen culminar en éxito de inserción.
Parece entón que a orientación vai máis alá de encaixar as pezas dun simple puzzle entre as características formativas e profesionais. Que máis temos que ter en conta?
Os efectos do desemprego
Se analizamos as repercusións do desemprego, comezamos por enumerar as consecuencias materiais de non ter unha fonte de ingresos estable: redución de ingresos, dificultade para facer fronte ás facturas, diminución do poder adquisitivo, dificultade para mercar bens de primeira necesidade, etc.
Pero o desemprego non só afecta ás persoas economicamente, se non tamén psicolóxica e socialmente, provocando unha serie de efectos secundarios:
⚠ Baixa autoestima
⚠ Diminución das relacións sociais
⚠ Sentimento de impotencia
⚠ Frustración
⚠ Autoculpa
⚠ Ansiedade
⚠ Inseguridade
⚠ Ira e resentimento
⚠ Illamento
⚠ Empeoramento da saúde
Estes efectos agrávanse co tempo e se extenden á familia, ás amizades e á contorna social provocando unha retroalimentación que non fai máis que aumentar estas consecuencias non desexables.
O resultado deste proceso non é outro que diminuir o grao de ocupabilidade das persoas, sendo cada vez máis difícil encarar a procura activa de emprego e, máis aínda, unha nova entrevista laboral en empresas.
Por iso, o desenvolvemento de competencias emocionais en procesos de procura e formación para o emprego é un aspecto chave a ter en conta para
mellorar as capacidades dos usuarios/as no afrontamento da
situación de desocupación.
Partindo dun estado emocional como o que acabamos de describir, é necesario abordalo: só cando a persoa mellore o seu estado de benestar emocional poderá aportar a mellor versión de si mesma. E iso será o que marque a diferencia con respeto ao resto de candidaturas.
Educación emocional e orientación laboral
Como vemos, hai algo máis na procura de emprego que as competencias formativas e profesionais. Hai un ingrediente secreto que marca a diferencia.
No vídeo "Recetas para la integración laboral: Ingrediente secreto", Pepe Rodríguez comenta o que el busca nunha persoa que chega á súa cociña para contratala:
Parece entonces que "é cuestión de actitude" pero... onde enseñan a adquirir e entrenar as actitudes axeitadas?
Aquí entra en xogo a Intelixencia Emocional. As escolas, institutos e universidades comenzan, timidamente, a introducir novas metodoloxías mediante as cales o alumnado pode ir traballando as actitudes e as emocións.
Pero comecemos por definir a Intelixencia Emocional.
- En 1990 Salovey y Mayer foron os primeiros en definir o concepto de intelixencia emocional no seu artículo Emotional intelligence: Imagination, cognition, and personality que a definen coma a habilidade de manexar os sentimentos e emocións, discriminar entre eles e utilizar estes coñecementos para dirixir os propios pensamentos e accións.
- Daniel Goleman (1995), recolle esta aportación para profundizar nela e divulgala, mediante a publicación do seu libro Intelixencia Emocional. Este concepto abarca a habilidade para motivarse e persistir fronte ás frustracións, controlar os impulsos e demorar gratificacións, regular os estados de humor, evitar que as desgrazas obstaculicen a habilidade de pensar, desenvolver empatía e esperanza, etc. Defínense así cinco compoñentes da intelixencia emocional:
🚩 Coñecemento das propias emocións
🚩 Capacidade de controlar as emocións
🚩 Capacidade de motivarse a un mesmo ou a unha mesma
🚩 Recoñecemento das emocións alleas
🚩Control das relacións
Parecen compoñentes interesantes a desenvolver no proceso de procura de emprego e a ferramenta que nos pode axudar a adquir estas competencias emocionais, é a educación emocional. Rafael Bisquerra defínea como:
Proceso educativo, continuo e permanente, que pretende potenciar o desenvolvemento emocional coma complemento indispensábel do desenvolvemento cognitivo, constituíndo ambos, os elementos esenciais do desenvolvemento da personalidade integral. Para iso, proponse o desenvolvemento de coñecementos e habilidades sobre as emocións, co obxectivo de capacitar ao individuo para afrontar mellor os retos que se expoñen na vida cotidiá, ca fin de aumentar o benestar persoal e social.
A educación emocional ofrece unha maior conciencia das posibilidades individuais (puntos fortes) e dos seus puntos de mellora, entendidos como potencialidade de desenvolvemento. Incluíndoa na orientación laboral, convírtese nun proceso de fortalecemento e empoderamento persoal dentro do propio proceso de inserción. Polo tanto, é unha ferramenta chave nos procesos de orientación laboral.
Reflexión
Ao longo do artigo evidénciase que a inclusión da educación emocional nos procesos de orientación laboral aportaría grandes vantaxes para o éxito de inserción laboral. Nembargantes, dende os servizos públicos de orientación, non hai programas específicos que acompañen emocionalmente ás personas.
A administración esfórzase por delimitar a acción orientadora e os programas formativos, deixando atrás a atención ao estado emocional e psicolóxico da persona orientada.
Formamos en multitude de oficios e competencias técnicas e transversais, orientamos mediante itinerarios personalizados para o emprego pero nos queda coma asignatura pendente, traballar co ingrediente secreto.
Para saber máis:
Educación Emocional - Rafael Bisquerra
Los efectos psicológicos del desempleo
Ansiedad por desempleo: ¿cómo surge, y qué hacer?
Vivir en tiempos de incertidumbre y cambio
GROP: Grupo de Investigación en Orientación Psicopedagógica (UB)


No hay comentarios:
Publicar un comentario