A Orientación Laboral con Persoas con Problemas de Adicción
A Orientación Laboral experimentou profundas transformación ao largo dos anos, na actualidade concíbese como unha disciplina, na que a intervención consiste nun proceso continuo dirixido a todas aquelas persoas con dificultades sociais e laborais para a inserción no mercado laboral. Esta definición contraponse a orientación como intervención puntual en momentos determinados. Asemade, pon énfase no ámbito persoal, social e laboral que permita a plena inserción sociolaboral.
Nesta profesión cando de traballa con persoas con adiccións é fundamental reforzar os mecanismos que promovan a “non desvinculación” do medio laboral, daquelas persoas en proceso de tratamento e, en todo caso, que faciliten a reinserción no mesmo.
Por outra banda, é necesario ter en conta que, entre as persoas con problemas de adicción, é frecuente encontrar outras problemáticas asociadas que poden propiciar a exclusión social. Por isto, resulta imprescindible tomar en consideración as características persoais e sociais destas persoas e facilitar os medios que lles permitan desenvolver unha vida saudable, autónoma e socialmente normalizada, logrando así mellorar a integración no seu contorno social.
O camiño cara a inserción laboral non é sinxelo, e precisa en moitos casos dun proceso planificado, no que o obxectivo principal e apoiar e acompañar as persoas que afrontan unha situación de desvantaxe social no seu percorrido cara a meta do emprego.
Para rematar, o modelo de traballo basease no desenvolvemento de “Itinerarios Personalizados” con unha metodoloxía fundamentada nos seguinte principios:
Para saber mais...
Guía Metodolóxica: Orientación Sociolaboral para Persoas con Problemas de Adicción
Proyecto de INtegración SOcioLaboral para personas con problemas de Adicciones (INSOLA)


No hay comentarios:
Publicar un comentario