viernes, 4 de diciembre de 2020

APLICATIVO IOBE

 

CÓMO REXISTRAR A INFORMACIÓN OBTIDA NUNHA CITA DE ORIENTACIÓN LABORAL NO APLICATIVO INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN (IOBE)

 O pasado 7 de novembro asistimos a unha das sesións claves do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, que foi "A entrevista de orientación laboral", impartida por Mayte Deus Trasobares, donde nos dou unhas breves pautas acerca de cómo envorcar a información recollida durante a entrevista no aplicativo informático. Con esta entrada desenvolvemos con detalle os pasos de todo o proceso como complemento ó traballado na sesión dese día.

Cando unha persoa orientadora realiza unha cita de orientación laboral, debe rexistrar toda a información obtida durante a mesma no aplicativo de Orientación Laboral.

A persoa orientadora accede ao aplicativo co seu usuario e a súa chave e pode consultar a axenda que ten planificada por semanas, na cal as persoas usuarias aparecen identificadas co seu número de NIF/NIE , no día e hora que se lles asigna, ben directamente dende o SPEG ou ben pola propia persoa orientadora.



Cando entramos nunha das citas que temos axendadas, accedemos os datos completos da persoa que imos a orientar, a través da seguinte pantalla:


DATOS XERAIS: Nesta PRIMEIRA PESTANA da pantalla inicial, aparece a seguinte información:

  • Persoa demandante: NOME E APELIDOS

  • Identificador: NIF ou NIE (É o número que nos vai permitir acceder a un expediente determinado, non se pode facer a través dos apelidos)

  • Situación administrativa: ALTA (Sen prestación)


  Según a situación da persoa, exiten outras modalidades de "situacións administrativas"

⏩   ALTA (Con prestación)
⏩  BAIXA, neste caso sería unha persoa que xa está traballando, cabe a posibilidade que cando lle  asignaron a cita estuvera en situación de desemprego, pero o día que ven a cita que se atope traballando, ou ben que esa persoa se dera de baixa voluntariamente na oficina de emprego como demandante
⏩   EN SUSPENSIÓN, persoas que están nalgún programa formativo
  • E-mail: o que a persona teña rexistrado na oficina de emprego, sempre e cando dispoña do mesmo

  • Teléfonoo que a persoa demandante teña rexistrado na oficina de emprego

  • Prestación: Aquí aparecen datos de prestacións/subsidios anteriores

  • Clasificación da demanda: Dispoñibilidade (alta, baixa) e data na que se revisou esa dispoñibilidade (Esta información xenerase na oficina de emprego cando a persoa se inscribe como demandante)

  • Persoa orientadoraNome da persoa orientadora

  • Centro: Nome do centro ó que pertence esa persoa orientadora

  • Modalidade: Presencial / Telemática / Telefónica

  • Data: data e hora na que se vai realizar a entrevista

  • DuraciónA persoa orientadora anotara o tempo que durou a cita de orientación laboral

  • Servizos recibidos: Desplegable cos seguintes servizos con posibilidade de selección múltiple (que seleccionaremos ao finalizar a entrevista, en función dos servizos que lle tiveramos prestado a persoa usuaria)


⏩Acciones de derivación a formación profesional para el empleo
⏩Accións para derivación ao sistema educativo (Art. 3 RD 1/2011)
⏩Actualización curricular
⏩Apoio á xestión da mobilidade laboral
⏩Asesoramento para o autoemprego e o emprendemento
⏩Definición do Currículo
⏩Desenvolvemento de aspectos persoais para a ocupación
⏩Diagnóstico individualizado e elaboración de perfil
⏩Equipo de busca de emprego
⏩Formación avanzada dixital para a busca de emprego
⏩Información oferta formativa e programas de mobilidade
⏩Información profesional e políticas activas de emprego
⏩Información Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
⏩Información e Asesoramento no marco das cualificacións profesionais
⏩Información e motivación para o autoemprego e o emprendemento
⏩Técnicas para a busca activa de emprego

Nesta primeria pestana accedemos o CV da persoa usuaria, que está estruturado da seguinte maneira e que é a primeira información da que disponemos e que lle permite a pesoa orientadora facerse unha idea do perfil da persoa que vai atender


Nesta primeira pestana, a persoa orientadora debe cumplimetar o tempo que estivo orientando, os servizos que prestou e pechar a ficha unha vez remate a orientación.

Unha vez cumprimentado o tempo, a persoa orientadora deberá emitir o Xustificante de prestación de servizo, que se xenera automáticamente cos datos da persa orientada e que deberán asinar ambalas dúas partes.

No caso de que a persoa orientada non asistise á cita que tiña concertada marcaremos a opción Non asistiu é entrevista, e a continuación Motivo.

CONTIDO, esta segunda PESTANA correspondese co contido da entrevista de orientación que a persoa orientadora irá cumprimentando en función da información recollida durante a entrevista de orientación laboral.


  • Obxectivo: incluirase o/os obxectivos da persoa usuaria do servizo.

  • Traxectoria profesional e formativa: inluiranse de xeito detallado a traxectoria formativa e laboral desenvolvida ata o momento.

  • Áreas traballadas: detallarase toda aquela información de utilidade para o seu obxectivo que lle facilitamos a persoa orientada, e que pode ser moi ampla e variada.



OBSERVACIÓNS, é a terceira pestana do aplicativo


Neste apartado a persoa orientadora incorporará aquela información que considere de interese e non teña cabida en ningún dos outros apartados.



PERFIL PROFESIONAL Correspondese coa  cuarta pestana.


Este apartado permítenos comprobar si a persoa orientada ten aberto algún perfil profesional, e en caso afirmativo, consúltalo.


SEGUIMENTO: Corresponde á quinta e última pestana


Unha vez pechada a cita de orientación, dende este apartado podemos solicitar unha cita de seguimento para a persoa orientada.

No seguinte enlace pódese consultar o manual completo de usuario  Enlace



sábado, 31 de octubre de 2020

Intelixencia emocional e orientación laboral



Intelixencia Emocional e Orientación Laboral

 

 A importancia das competencias persoais na orientación laboral

 

Que factores afectan á consecución dun emprego ademais das competencias técnicas? En ocasións, atopámonos con persoas que se atopan nun proceso de procura de emprego e, aínda que conseguen ir a entrevistas e contan coas competencias técnicas axeitadas, non conseguen acabar asinando un contrato. Ao longo do artigo analizaremos os diferentes factores que afectan ao proceso de orientación laboral.

 

A nosa actual realidade socioeconómica é de natureza cambiante, dinámica, fluida, aspectos que resultan novedosos para a xeración anterior, caracterizada pola estaticidade, a seguridade e a inmovilidade.

Estas novas características do noso mundo constitúen un importante reto ao que facer fronte a nivel individual e psicolóxico, pois as persoas teñen que adaptarse a algo que non pode ser definido por outra cousa que polo cambio.

A habilidade de adaptarse a esta vida líquida, é agora a chave para conseguir o éxito.

Dende a orientación laboral debemos estar atentos e atentas a esta realidade cambiante para entender a situación global das persoas que están en proceso de procura de emprego.

 

Orientación laboral: primeiros pasos

Cando alguén se atopa en desemprego, ten á súa disposición o servizo de Orientación Laboral. Ao acceder a el, comézase cunha primeira entrevista onde é importante recoller toda a información que nos ofrece a persoa. Esta información adoita ser do ámbito formativo e profesional:

📖  No ámbito formativo: títulos acadados, centros de formación, cursos, seminarios, etc.

🔧 No ámbito profesional: experiencia laboral, prácticas en empresas, carnés, certificados de profesionalidade, etc.

A relación de todos estes logros e experiencias, debería ser suficiente para atopar un emprego pero... é así?

No día a día da praxis da orientación laboral, atopámonos con que hai persoas que consiguen asinar un novo contrato de traballo nas primeiras entrevistas en empresas e outras que, co mesmo perfil formativo e profesional (mesmos títulos, experiencia...), pasan entrevista tras entrevista sen culminar en éxito de inserción. 

Parece entón que a orientación vai máis alá de encaixar as pezas dun simple puzzle entre as características formativas e profesionais. Que máis temos que ter en conta?

 

Os efectos do desemprego

Se analizamos as repercusións do desemprego, comezamos por enumerar as consecuencias materiais de non ter unha fonte de ingresos estable: redución de ingresos, dificultade para facer fronte ás facturas, diminución do poder adquisitivo, dificultade para mercar bens de primeira necesidade, etc.

Pero o desemprego non só afecta ás persoas economicamente, se non tamén psicolóxica e socialmente, provocando unha serie de efectos secundarios:  

Baixa autoestima 

Diminución das relacións sociais  

Sentimento de impotencia  

⚠ Frustración  

Autoculpa   

Ansiedade   

Inseguridade    

Ira e resentimento 

Illamento      

Empeoramento da saúde

Estes efectos agrávanse co tempo e se extenden á familia, ás amizades e á contorna social provocando unha retroalimentación que non fai máis que aumentar estas consecuencias non desexables. 

 

O resultado deste proceso non é outro que diminuir o grao de ocupabilidade das persoas, sendo cada vez máis difícil encarar a procura activa de emprego e, máis aínda, unha nova entrevista laboral en empresas.

Por iso, o desenvolvemento de competencias emocionais en procesos de procura e formación para o emprego é un aspecto chave a ter en conta para mellorar as capacidades dos usuarios/as no afrontamento da situación de desocupación. 

Partindo dun estado emocional como o que acabamos de describir, é necesario abordalo: só cando a persoa mellore o seu estado de benestar emocional poderá aportar a mellor versión de si mesma. E iso será o que marque a diferencia con respeto ao resto de candidaturas.

 

Educación emocional e orientación laboral

Como vemos, hai algo máis na procura de emprego que as competencias formativas e profesionais. Hai un ingrediente secreto que marca a diferencia. 

No vídeo "Recetas para la integración laboral: Ingrediente secreto", Pepe Rodríguez comenta o que el busca nunha persoa que chega á súa cociña para contratala:


Parece entonces que "é cuestión de actitude" pero... onde enseñan a adquirir e entrenar as actitudes axeitadas?

Aquí entra en xogo a Intelixencia Emocional. As escolas, institutos e universidades comenzan, timidamente, a introducir novas metodoloxías mediante as cales o alumnado pode ir traballando as actitudes e as emocións.

Pero comecemos por definir a Intelixencia Emocional. 

- En 1990 Salovey y Mayer foron os primeiros en definir o concepto de intelixencia emocional no seu artículo Emotional intelligence: Imagination, cognition, and personality que a definen coma a habilidade de manexar os sentimentos e emocións, discriminar entre eles e utilizar estes coñecementos para dirixir os propios pensamentos e accións. 

- Daniel Goleman (1995), recolle esta aportación para profundizar nela e divulgala, mediante a publicación do seu libro Intelixencia Emocional. Este concepto abarca a habilidade para motivarse e persistir fronte ás frustracións, controlar os impulsos e demorar gratificacións, regular os estados de humor, evitar que as desgrazas obstaculicen a habilidade de pensar, desenvolver empatía e esperanza, etc.  Defínense así cinco compoñentes da intelixencia emocional:  

🚩 Coñecemento das propias emocións 

🚩 Capacidade de controlar as emocións

🚩 Capacidade de motivarse a un mesmo ou a unha mesma

🚩 Recoñecemento das emocións alleas 

🚩Control das relacións

 

Parecen compoñentes interesantes a desenvolver no proceso de procura de emprego e a ferramenta que nos pode axudar a adquir estas competencias emocionais, é a educación emocional. Rafael Bisquerra defínea como:

Proceso educativo, continuo e permanente, que pretende potenciar o desenvolvemento emocional coma complemento indispensábel do desenvolvemento cognitivo, constituíndo ambos, os elementos esenciais do desenvolvemento da personalidade integral. Para iso, proponse o desenvolvemento de coñecementos e habilidades sobre as emocións, co obxectivo de capacitar ao individuo para afrontar mellor os retos que se expoñen na  vida cotidiá, ca fin de aumentar o benestar persoal e social.

A educación emocional ofrece unha maior conciencia das posibilidades individuais (puntos fortes) e dos seus puntos de mellora, entendidos como potencialidade de desenvolvemento. Incluíndoa na orientación laboral, convírtese nun proceso de fortalecemento e empoderamento persoal dentro do propio proceso de inserción. Polo tanto, é unha ferramenta chave nos procesos de orientación laboral. 

 

Reflexión

Ao longo do artigo evidénciase que a inclusión da educación emocional nos procesos de orientación laboral aportaría grandes vantaxes para o éxito de inserción laboral. Nembargantes, dende os servizos públicos de orientación, non hai programas específicos que acompañen emocionalmente ás personas. 

A administración esfórzase por delimitar a acción orientadora e os programas formativos, deixando atrás a atención ao estado emocional e psicolóxico da persona orientada.

Formamos en multitude de oficios e competencias técnicas e transversais, orientamos mediante itinerarios personalizados para o emprego pero nos queda coma asignatura pendente, traballar co ingrediente secreto.

 

Para saber máis

Educación Emocional - Rafael Bisquerra

Los efectos psicológicos del desempleo

Ansiedad por desempleo: ¿cómo surge, y qué hacer?

Vivir en tiempos de incertidumbre y cambio 

GROP: Grupo de Investigación en Orientación Psicopedagógica (UB)


PLE: ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE

O PLE (entorno persoal de aprendizaxe) é o  conxunto de recursos cos que aprendemos, intercambiamos e compartimos información e experiencias: ferramentas de coñecemento e información

O noso PLE  vai mudadano na media en que ampliamos e utilizamos novas ferramentas.

O meu PLE incial é este:


No posgrado de orientación laboral con Carlos Parada Gandos, tivemos a ocasión, ou alomenos no meu caso  de descubrir novas ferramentas: feedly, scoop.it, e diigo.


 VALORACIÓN PERSOAL DA FERREAMENTA FEEDLY

FEEDLY é unha ferramente que permite ler o feed das distintas páxinas que agregamos e unimos manualmente


Logo de probala considero que ten a súa parte positiva e tamén uns inconvintes

En canto as vantaxas destacaría: Permite ter nun único espazo todas as canles de información de meu interese, sen necesidade de realizar unha búsqueda idividualizada , e ao mesmo tempo facer unha criba do que é  máis útil de cada unha delas. Permitindo ordear todos os contidos de maneira que facilita aforrar tempo xa que nos tes que revisar unha por unha todas as fontes de noticias

En canto as desvantaxas: Non todas as webs teñen RSS, polo que no podo incluilas neste "espazo" de consulta.







viernes, 30 de octubre de 2020

El Informe de Vida Laboral

¿Serías capaz de redactar toda tu experiencia profesional de memoria?💭 ¿Recuerdas todas las fechas? 📆 ¿Cuándo empezaste? ¿Cuándo acabaste? Salvo que tu experiencia profesional sea aún muy breve, es bastante probable que varias de tus respuestas a estas preguntas sean un "no" o, en el mejor de los casos un "no lo tengo muy claro".😶

Uno de los trucos 💡 que solemos dar en Orientación Laboral para solucionar este "problema" es que consigas un Informe de Vida Laboral para poder apoyarte en él cuando necesites comunicar de forma fehaciente toda tu experiencia. Pero ¿qué es un Informe de Vida Laboral y dónde se obtiene?😊

La conmúnmente conocida como "vida laboral" es un informe expedido por la Tesorería General de la Seguridad Social en el que se hacen constar todos los períodos de cotización de una persona. Así, constan todos los períodos trabajados en cualquiera de los regímenes de la Seguridad Social: General, Autónomos y los demás Regímenes Especiales, así como los períodos de prestaciones por desempleo.

Tradicionalmente podía obtenerse de manera presencial y en el acto en cualquier oficina de la Tesorería de la Seguridad Social. Con el tiempo y la evolución de las tecnologías y con intención de agilizar🕐 en lo posible la gestión, la Administración ha puesto a disposición de la ciudadanía métodos de obtención de este Informe que evitan que la presencia física en las oficinas sea imprescindible. Así y principalmente a través de la💻 Sede Electrónica de la Seguridad Social podemos obtener nuestra copia de una de las siguientes maneras:


  •  🔎Con certificado digital o Sistema Cl@ve: Requerirá que nos identifiquemos usando un certificado digital de la FNMT o alguna otra entidad verificadora de identidad, nuestro DNI electrónico o que estemos dados de alta en el Sistema Cl@ve de la Agencia Tributaria. Permite obtener instantáneamente un documento electrónico en formato PDF.
  • 🔎Con usuario y contraseña: Igualmente que el anterior se obtiene un PDF de manera instantánea, pero en este caso el medio de verificar la identidad de la persona solicitante es un usuario y contraseña previamente proporcionados por la Seguridad Social.
  • 🔎Vía SMS: Personalmente es el método que más recomiendo a las personas a las que atiendo en mi oficina. Solamente requiere que nuestro número de móvil esté registrado en la base de datos de la Seguridad Social. Con ello se nos enviará un SMS de comprobación con un código que deberemos introducir en la web de la Seguridad Social y, tal y como sucedía en los casos anteriores, obtendremos un PDF
  • 🔎Sin certificado: Cuando no tenemos ningún método con el qué verificar nuestra identidad, finalmente tenemos la opción de solicitar que se nos envíe por correo postal una copia en papel, eso sí, el envío se realizará a la dirección que figure registrada en la base de datos de la Seguridad Social, con lo que conviene que revisemos que este dato es correcto antes de solicitar el envío.

Por si no dispones nada más que de tu teléfono móvil y todo esto se te hace muy complicado, en el siguiente vídeo te explican paso a paso cómo obtener tu vida laboral con un móvil vía SMS



lunes, 26 de octubre de 2020

 

A Orientación Laboral con Persoas con Problemas de Adicción

            A Orientación Laboral experimentou profundas transformación ao largo dos anos, na actualidade concíbese como unha disciplina, na que a intervención consiste nun proceso continuo dirixido a todas aquelas persoas con dificultades sociais e laborais para a inserción no mercado laboral. Esta definición contraponse a orientación como intervención puntual en momentos determinados. Asemade, pon énfase no ámbito persoal, social e laboral que permita a plena inserción sociolaboral.

            Nesta profesión cando de traballa con persoas con adiccións é fundamental reforzar os mecanismos que promovan a “non desvinculación” do medio laboral, daquelas persoas en proceso de tratamento e, en todo caso, que faciliten a reinserción no mesmo.

Por outra banda, é necesario ter en conta que, entre as persoas con problemas de adicción, é frecuente encontrar outras problemáticas asociadas que poden propiciar a exclusión social. Por isto, resulta imprescindible tomar en consideración as características persoais e sociais destas persoas e facilitar os medios que lles permitan desenvolver unha vida saudable, autónoma e socialmente normalizada, logrando así mellorar a integración no seu contorno social.

O camiño cara a inserción laboral non é sinxelo, e precisa en moitos casos dun proceso planificado, no que o obxectivo principal e apoiar e acompañar as persoas que afrontan unha situación de desvantaxe social no seu percorrido cara a meta do emprego.

Para rematar, o modelo de traballo basease no desenvolvemento de “Itinerarios Personalizados” con unha metodoloxía fundamentada nos seguinte principios:


    Para saber mais...

Guía Metodolóxica: Orientación Sociolaboral para Persoas con Problemas de Adicción

 Proyecto de INtegración SOcioLaboral para personas con problemas de Adicciones (INSOLA)


 


 

 

 

 

 

 

 

 

domingo, 25 de octubre de 2020

 


España no es un país emprendedor. El 90% de los jóvenes españoles no contempla el autoempleo como una opción viable de acceso al mercado laboral. Y esto es debido, entre otras razones, a la falta de cultura del emprenimiento en nuestro país.

Tradicionalmente, la educación en España siempre estuvo politizada y no atendía a fines sociales. Asimismo, un bajo porcentaje de alumnado cursa formación profesional en nuestro país (en torno al 30%) donde se forma en materias relacionadas con el emprendimiento.

Las familias le han transmitido a sus hijos que la mejor opción para su futuro laboral es hacerse funcionarios o, en su defecto, ser asalariados en empresas privadas de renombre donde puedan tener una vida tranquila, sin exigencias ni sobresaltos, lo que pone de manifiesto la escasa cultura del esfuerzo imperante en nuestro país.

Esta es una visión muy sesgada de la realidad que tendrá unas consecuencias nefastas en la profunda crisis económica que se está gestando, ya que nada hay más seguro que ser generadores de nuestros puestos de trabajo, de nuestra economía, y como consecuencia, de nuestra libertad para elegir.

Dejar el futuro laboral en manos de terceros es un error que se paga caro; en muchos casos, se hace evidente cuando llegados a mediana edad, con muchos años de experiencia laboral, las empresas deciden prescindir de esos trabajadores que tan fieles han sido a esas empresas donde creían que iban a poder jubilarse y tienen que enfrentarse al desempleo y al edadismo (discriminación por edad). A esto, podemos sumar también la discriminación por razones de género, la brecha digital y tantas otras particularidades que se dan en el acceso al empleo.

Es en estos casos cuando surge, paradójicamente, la no muy recomendable opción de emprender por necesidad sin contar con los conocimientos, contactos, recursos ni capacidades para hacerlo exitosamente.

Por tanto, la cultura emprendedora debe originarse en el sistema educativo e ir de la mano de la capacidad de esfuerzo, ya que ambos son indicadores del desarrollo económico de un país.
 
 
 

                                                               Para ampliar información:             

IGAPE

CRÉDITOS ICO



jueves, 22 de octubre de 2020

A CONCEPCIÓN DA ORIENTACIÓN LABORAL

                   QUE? CANDO? E ONDE?

QUE É?

    En numerosas ocasións atopamos certas reticiencias e descoñecemento á hora de que as persoas quieran acudir e optar por facer uso dun servizo de orientación, pero que é? Para qué sirve? Nas seguintes liñas intentaremos responder a estas preguntas, de momento, deixo aquí a definición do que é para min un/ha orientadora laboral:


                                             Fonte: elaboración propia


Pero que é a orientación laboral? En qué consiste?

O proceso de orientación requiere de unha interacción máis estreita e continua. O responsable do proceso é sempre a persoa demandante, pero a figura do orientador laboral debe acompañar en este proceso e na toma de decisións e, incluso nalgunhas ocasións deberá aconsellar ao usuario.

CÁNDO ACUDIR A UN ORIENTADOR LABORAL?

Considero que o momento de facer uso de esta figura é cando non hai resultados ou cando percibimos que temos un estancamento na nosa búsqueda. Para entender e/ou comprender por que debemos acudir a este profesional, primeiros debemos saber a que se dedica e cales son as súas funcións. 


Retomo aquí a definición que vos indiquei ao principio, para min un orientador é aquel profesional que acompaña ás persoas no seu proceso de emprego, pero qué diferencia este profesional de outro?
A diferencia sería que o orientación profesional coñece o mercado laboral, a súa situación actual, a oferta formativa, os procesos de selección, as saídas laborais por profesión en un lugar y momento dado, as ferramentas de búsqueda de emprego e as técnicas e habilidades demandadas e aplicaas en cada caso persoal co obxectivo de incrementar as posibilidades de inserción da persoa usuaria.

Acudir a un orientador laboral cando...
  • Cando non está saíndo ben a búsqueda de emprego
  • Non chaman para entrevistas de traballo
  • Non se superan as entrevistas…
  • Cando non se ten claro que facer profesionalmente
  • Cando no está claro o obxetivo ou a formación que se pode ou gustaría facer.
  • Cando se precisa asesoramento por un cambio profesional importante (cambio de profesión, traballar no extranxeiro, montar unha empresa...)
EXISTE CERTA RETICENCIA A ACUDIR A ESTE PROFESIONAL? ¿A QUÉ SE DEBE?

Considero que hai persoas que poden poñer en dúbida esta figura por malas experiencias previas, o que conleva a unha desmotivación e desconfianza no servicio. Algúns dos comentarios que nos podemos atopar no servizo son as seguintes:

  • "Non sirve de nada”.
  • “De ahí non chaman nunca”.
  • “se non hai traballo, para min menos”
  • “Cada un dime unha cousa diferente do meu curriculum”. 
  • “A información xa está en internet”
Esta reticencia de acudir a un profesional da orientación pode ter incluso motivos similares aos de acudir a un psicólogo, poderíamos denominalos como resistencia. 
Tendo esto en conta podemos falar de dous tipos de resistencias: subxetiva e obxetiva.

A obxectiva, vai ligada aos exemplos que indiquei anteriormente: unha mala experiencia (tanto propia como de outra persoa), un mal consello dun profesional ou incluso acudir e non obter un resultado positivo (por norma o resultado positivo é atopar traballo)

É certo que calquer profesional pode ter fallos, pois somos humanos, pero tamén existen resistencias por parte dos usuarios no proceso (pactos que o usuario non cumpre). É importante deixar claro que, o simple feito de acudir ao orientador non quere decir que vai a atopar traballo. É importante o axuste de expectativas en este sentido para non xerar falsas expectativas. 

Por outro lado, a resistencia subxetiva ten que ver coas ideas que nos creamos ou queremos creer para evitar acudir ao orientador. ¿Por qué pasa esto?
  • Por non querer recoñecer que parte do problema é do candidato e non por circunstancias externas.
  • Por non saír da zona de confort. Por medo ou pereza.
  • Por desconfianza co profesional.
En este último punto, considero que os profesionais somos responsables de querer avanzar formativa e profesionalmente para ser un grande apoio e útil para as persoas que buscan emprego e que poidan tanto en nós coma no noso traballo.

ÓNDE PODEMOS ACUDIR SI QUEREMOS PUES UNA ATENCIÓN PERSONALIZADA POR PARTE DE UN ORIENTADOR LABORAL?


  • Empregados públicos (en concellos e/ou servizo públicos de emprego)
  • Traballadores de entidades sociais u ONG’s.
  • Profesionais de colexios oficiais, Universidades…
  • Empresas privadas con subvencións públicas de orientación concedidas. 
  • Profesionais ou empresas privadas que ofrecen o servio de forma privada.





En todos estos casos que acabamos de decir (menos no último, claro, que hai que pagar) non sempre é fácil acceder a una entrevista con eles. Nos servicios públicos deben ter dispoñibilidade (a veces o seu servicio está suxeito a períodos de contratación temporais) ou traballan con unha mínima flexibilidade para orientar (tal e como dixemos en anteriores liñas, non se trata de un proceso de un día, require horas de dedicación, seguimento...e pode ser que o profesional teña demasiados usuarios ao seu cargo e sexa imposible dedicar tanto tempo a todos eles e facer o traballo axeitado e como lle gustaría)

Por outro lado, cuando se traballa para ONG’s ou empresas privadas con subvencións, puede pasar tamén que non estén dispoñibles porque o período de aplicación do proxecto rematou. En colexios profesionais ou universidades, é preciso ter algún tipo de vínculo con eles (estar colexiado, estudiar na universidade...).


APLICATIVO IOBE

  CÓMO REXISTRAR A INFORMACIÓN OBTIDA NUNHA CITA DE ORIENTACIÓN LABORAL NO APLICATIVO INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN (IOBE)  O pasado 7 de nov...